quarta-feira, 23 de junho de 2021

10 - A GRAN DESORDE

-...Amigo Gaspar todo o que eu podo contarlle, así, tomando un café, son apenas pinceladiñas da historia local  de Galicia, que está inserta dentro de dous milenios da historia xeral das Españas, ou sexa, dunha gran comunidade intercontinental  e global con una cultura fundamental común. Así que espero que, simplemente, lle sirva de guía para despois documentarse sobre os detalles e personaxes de destaque, se vostede quere, para o cal xa sabe que ten a súa disposición a biblioteca Marcó.-

-Entendo, entendo, don Xosué. Permítame unha pregunta... Pode dicirse que a Idade Media comeza coa deposición do último emperador romano?-

-Pode, si... romano de Occidente, naturalmente. Foi no año 476 da nosa era. Continuaron gobernando emperadores romanos mil anos máis en Oriente, en Bizancio, vostede xa o sabe.

Porén, como o que eu estoulle contando esá centrado en Galicia,  vostede ten que comprender que o sustrato basal do noso pobo continuou sendo hispanoromano durante case toda a primeira metade da Idade Media, chamada Alta, desde o século quinto ao século oitavo. Coincide co feito de que, ata esa época, seguía usándose o latín vulgar como língua peninsular.

-Continuou...? Non encheuse esta terra de bárbaros xermánicos primeiro e de árabes despois?-

-Continuou no basal, na base maioritaria do pobo, a pesar de cambios  terribles na superficie e nas elites. Vostede xa debe ter claro, aínda que no estea ben dicílo, que todo estado, todo reino, ou imperio ou megaestado, está dirixido por unha cúpula de bandidos disfrazados de nobres, os cales, como dispoñen do predominio do poder coactivo, explotan canto poden ás camadas basais dos pobos que dominan ou dos pobos que conquistan. Esas camadas basais da poboación son sempre as que producen, mantén e reproducen a riqueza común... Capisci, Gaspare? Entendeu isto?

-Capisco, si.- Respondeu el. Dona Teresa continuaba bordando, mais, de cando en cando, o miraba un momento aos ollos.  

-Os guerreiros, ou politicos, ou altos clérigos, ou nobres, os lobos ou águias que conforman a cúpula dos estados, exercen o traballo máis lucrativo que hai: arrebatar todo o produto ou parte del aos produtores, ao rebaño de contribuintes, co pretexto de administrar o progreso, a orde e a paz común. Capisci, Gaspare?- 

-Capisco, don Xosué. Entendo que quere dicir que a base do pobo hispanoromano da Gallaecia continuou sendo igual de explotada polos caudillos bárbaros que cando fora explotada polos patricios romanos. Só mudaron de amos.- 

-Vostede entendeu porque sabe, meu amigo, mais, ollo, há bandidos e bandidos. Ou sexa, há todo tipo de amos. Por onde pasaba o cabalo de Atila, ou de Xenxis Khan, ou os vikingos, non volvia a crecer a herba. Saqueaban, e a galiña dos ovos de ouro quedaba morta no chan. Ese é o peor tipo de bandido, ou estado, ou imperio.

-Nos seus momentos de maior gloria, os romanos non eran tan bestas, non mataban á galiña. Decretaban cantos ovos querían dentro dun prazo marcado, máis da metade dos ovos, e a deixaban vivir en canto os entregase con puntualidade. Ata podían devolverte un ovo, se vían que estabas pasando fome, ou darte refuxio temporalmente, se unha partida de bárbaros ou bandoleiros  incendiase a túa casa, para que vises que eran bos señores e que te conviña comprazelos e arrimarche á súa sombra, para a túa mellor protección. Clientelismo.- 

-Si, coñezo iso.- Respondeu Masetti- Toda a miña vida tive que pagar tributos periódicos aos poderosos para que me deixasen, simplemente, producir e vivir con un mínimo de orde e paz.-

-O problema foi que, para a segunda  metade do século quinto da nosa era, Gaspar, o Imperio Romano xa esixía impostos tan pesados e xa era tan insultante a acumulación de riqueza en mans de poucos, xunto á miseria xeral do pobo, que toda a sociedade entrou nunha profunda crise, con revoltas por toda parte, que acentuouse coas invasións dos bárbaros, dos extranxeiros, que, ao inicio, apenas eran migrantes non agresivos que procuraban un mellor vivir, ou un refuxio, dentro daquela esplendorosa civilzación, forte e segura. 

-Preste atención, Gaspar, porque estas son cadeas de ciclos que se repiten periódicamente ao longo da historia -pediu o señor Quinteiro-: Ante a diminución progresiva e a ruptura da corrupta autoridade do Estado, pola desaparición das clases medias contribuintes, a causa da imposibilidade de seguir conseguindo escravos ou man de obra barata, e no medio das invasións e dos abusos dos migrantes, un gran número de campesiños intentou escapar á inaguantábel fiscalidade imperial e a dependencia, como servos forzosos, dos grandes propietarios, que era o único que se lles ofrecía como alternativa de sobrevivencia.

Así que abandonaron os cultivos e dedicárose á pillaxe e ao saqueo, contra un sistema inxusto, opresivo e débil, que xa non lles protexía nin era capaz de  garantir a orde e o cumprimento das leis. Iso acontece sempre que o estado perde a "autoritas". Isto é, cando o bandido máis poderoso deixa de ser útil, porque perdeu o seu poder coactivo sobre o resto dos bandidos.

Os revoltados conformaron un movimento anárquico e foron chamados "bagaudas" na Galia e na Hispania. A veces os xefes bárbaros ofrecíanselles como protectores ou como reforzo, e se unían a eles contra as cidades ou milicias que lles plantaban resistencia. Ou ben, ían contra eles, se o adversario pagaba mellor.

-Que bárbaros entraron en Galicia?- Preguntou o italiano.

-Entraron os suevos, procedentes das beiras do mar Báltico, emparentados cos anglos e os saxóns.  Eles  organizáronse ben nas terras menos codiciadas,  constituindo un reino no ano 409, que abarcaba a antiga Gallaecia romana, con capital en Braga, chegando polo sur ata o río Douro e O Porto. 

O Reino Suevo foi, na Europa, o primeiro reino independente proclamado en territorios que pertenceran a Roma, que aceptounos como federados e concedeulles a ciudadanía. Nunca pasaran de corenta mil, mais conseguiran manter máis ou menos sometida e tributaria a unha poboación de setecentos mil hispanoromanos de muita maior cultura que eles, a cambio da súa protección contra outros bárbaros, contra os bagaudas sen lei ...ou para que puidesen preservarse dos suevos mesmos. 

Desde a Gallaecia, aproveitando que outros xermanos procedentes de Escandinavia, os visigodos, venceran aos alanos e obrigaron aos vándalos a trasladarse de Andalucía ao norte de África, os guerreiros suevos sometian a pillaxe ás cidades hispanoromanas de toda a metade occidental e o sur da Península Ibérica. Ata que, finalmente, os visigodos, federados cos romanos de Oriente e impulsados por eles, acabaron por vencélos no 585, e converteron o reino suevo, que durara 170 anos, nunha dependencia do Reino Visigodo de Toledo. Tanto os suevos como os godos falaban o mesmo latín vulgar que os nativos hispanos.-

-Non foi o Reino Godo de Toledo o primeiro reino propiamente español? -Preguntou Masetti.-

-Polo menos de inicio non, porque non quiseron integrarse coa maioría do pobo hispanoromano, muito máis culto que eles. Só eran unha nova elite militar bruta, abusona e parásita, igual que os suevos. Había unos tres ou catro godos por cada cen hispanoromanos. Eran cristáns oficialmente, pero arriáns, ou sexa, que consideraban a Deus máis importante que a Cristo, e non o mesmo. Tiveron muitos reis, porque duraban pouco. Como sucedíanse no trono por elección da sua cúpula, pasaban o tempo asesinándose entre eles. Só ao final, no 589, fixeron un esforzo por integrarse coa maioría, aceptaron o catolicismo, a relixión dos hispanoromanos, e permitiron os matrimonios mixtos con aqueles romanos decadentes, aos que antes desprezaban. 57 anos antes da súa debacle, proclamaran unha mesma lei para godos e nativos, que, ata entón rexíanse, cada un, polas súas propias normas. A semente do noso pobo estaba ahí e só precisaba desenvolverse.

Era un sistema prefeudal. Colonos dos señores, en lugar de escravos. Á falta de Roma, o pobo acabaría por aceptálos, unha orde firme é mellor que a anarquía. Con ela e cun pouco de paz, un pobo civilizado pode progresar traballando e producindo, a pesar dos seus dirixentes. 

Pero non tiveron tempo. O seu antepenúltimo rei quería saltarse o perigoso sistema de entronización por elección, e que lle sucedese o seu fillo, asi que o fixo seu co-rexente no 694, colocándoo na dirección do reino suevo asociado. O fillo chamábase Witiza e tiña sua capital en Tui, cidade ben próxima á actual Vigo. 

Cando seu pai morreu, Witiza o sucedeu, mas el tambén morreu novo, de forma violenta. Entón Rodrigo deu un golpe de estado e foi elexido rei. Foi dito que se perdeu España contra a invasión de árabes e bereberes, en 711, porque, cando Rodrigo estaba gañando a batalla, os fillos de Witiza, máis o tío deles, o bispo Oppas, pasáronse coas súas tropas ao inimigo. Os traidores, que só pensaron na súa revancha persoal e no seu poder persoal, e non na súa comunidade, non foron respectados.-


CONTINÚA MAÑÁ.


Nenhum comentário:

Postar um comentário