terça-feira, 29 de junho de 2021

17 - BATALLAS NA RÍA DE VIGO

  O señor Quinteiro comentoulle tamén que, desde a punta do cabo de Hío, contáronse 86 barcos de transportes de tropas, cuxos feridos na recente batalla de Brión, no Ferrol, estaban sendo atendidos, agora, nun hospital de campaña montado na Illa Norte de Cíes.

-Estoume lembrando que fai só tres anos, cando aínda vostede non chegara a Vigo -contou-, Juan José Ruiz de Apodaca, un brigadier gaditano que participara en moitas misións nas Indias e Filipinas, no campo de Xibraltar e na toma de Tolón, perseguido, xunto con outro bergatín, pola escuadra do almirante inglés Jervis no cabo de San Vicente, burlounos na néboa rumbo ao norte e refuxiáronse aqui, na ría de Vigo, onde quedaron bloqueados polos que os perseguían. 

Uns meses despois, ousaron entrar na ría dous navíos de liña, tres fragatas e dous bergantíns británicos, é dicir, unha flota considerábel, ao mando do comodoro Samuel Hood, e plantáronse fronte a Cangas, fóra do alcance dos canóns dos castelos de Vigo.

Hood coñecera a Apodaca na toma de Tolón, onde ambos foran aliados contra a Convención da República Francesa. Ambos eran perfectos cabaleiros, tal como eran antes os oficiais de carreira. Hood envioulle un tenente con bandeira branca nunha lancha, quen, coa maior cortesía militar, cominoulle a que se rendese e entregase o seu navío, o bergantín e os demais buques que nese momento atopábanse no porto de Vigo, algúns deles, os nosos corsarios.

Moito tranquilo, Apodaca tratouno coa mesma cortesía e ata con graza andaluza, o convidou a comer xuntos e levouse ao parlamentario británico a observar de cerca as defensas que tivera tempo de preparar, combinadas coas fortificaciones da vila.

Ao regresar, o tenente deu parte de todo ao comodoro Hood e este tivo claro que non podía atacar sen arriscarse a graves danos para a súa flota, así que, abandonando os seus plans, emprendeu a saída da ría, mentres que o brigadier hispano, non contento coa disuasión que conseguira, mandou perseguilos e ata conseguiu rescatar un bergantín español que tomara o inimigo, cargado de provisións. Despois enviou sanos e salvos aos seus gardiáns a Hood nunha lancha, coa súa máis respectuosa despedida e desexos de felicidade.

O gobernador ordenou entón ao brigadier que pasase ao Ferrol. Aínda que sabía que o seu porto estaba bloqueado por unha escuadra británica, partiu de Vigo e, burlando a súa vixilancia, escurriuse entre canonazos na praza co seu navío, aínda que quebraron o seu masteleiro de gavia, polo que tivo que pasar un tempo no dique de reparacións.-

Masetti comentou a don Xosué que agora estaba moito máis relaxado, e que recordaba as historias que el contáralle durante a viaxe que o trouxo de Barcelona no "Santa Victoria", nas que os españois saíron ben dos seus choques cos británicos. -Se desembarcasen, vanse arrepender -, dixo, sinalando o único e vello canón emprazado na trincheira de Alcabre.

-Non baixe a garda, meu xoven amigo, permaneza atento de día e de noite, cóidese e coide do seu posto e dos seus homes- respondeu el con cariño e  compaixón.- Eu non sería honesto se non lle contase tamén de cando saímos mal, Gaspar. Tamén nos causaron duras derrotas os ingleses, son inimigos poderosos. E unha delas neste mesmo escenario.-

-Supoño que se refere vostede á batalla de Rande, a dos galeones que traían prata das Indias.-

-Esa foi unha derrota moi mentada; pero houbo outra, dezasete anos despois, que non é tan coñecida. E o primeiro asalto a Vigo foi nocturno e por sorpresa.-

-Conte vostede, por favor.-

-O ataque do que fálolle produciuse en 1719, no curso da Guerra da Cuádrupla Alianza, e deseñouse como represalia polo apoio español ao levantamento xacobita na Escocia. O intento do rei español, Felipe V, de sublevar aos escoceses e poñer no trono a Xacobo III, terminou coa capitulación do Reximento Galicia trala batalla de Glen Shiel, porque non conseguiuse levarlles reforzos.

A expedición de revancha foi posta ao mando de Lord Cobham, un político, coas forzas navais comandadas polo vicealmirante James Mighels. Oitenta barcos de guerra xunto a corenta buques de transporte que levaban seis mil soldados profesionais, menos da metade dos que temos nas Cíes agora mesmo, amigo Gaspar, dirixidos polo maior xeneral John Wade. O 21 de setembro, a expedición británica partiu de Falmouth e chegou a Vigo, que entón era apenas unha viliña, Oito días despois, de noite. 

Tras desembarcar con lanchas case aquí alado, na praia de Samil, o 1 de outubro, todavía ben de noite, os británicos atravesaron sen facer ningún barullo desde Navia, e ocuparon posicións próximas aos muros do forte de San Sebastián, fronte ao castelo do Castro.

Aínda escuro, o brigadier Philip Honeywood, con oitocentos soldados, lanzou un ataque contra o castelo de San Sebastián con moitas granadas e pillou desprevenidos aos defensores españois, que tiveron que inutilizar a súa artillería avanzada, e retirarse á fortaleza, que non puido ser asaltada polo inimigo. Entón, os anglos, estreitando o cerco, foron descargando e emprazando corenta morteiros e varias grandes pezas de artillería de asedio. O 10 de outubro desataron un bombardeo pesadísimo sobre ela.

Tras dous dias sen parar baixo o horríbel fogo inimigo, os defensores retiráronse ata a fortaleza do Castro, no alto do monte, onde se refuxiaron catrocentos soldados e outros tantos paisanos. Inmediatamente, os buques británicos puxéronse a canonear o castelo sen descanso. O día 13, emprazaron unha gran batería de morteiros detrás do forte de San Sebastián.

O bombardeo proseguiu corenta e oito horas, coa desgraza de que, desde aquela posición, podían tirar con tal acerto que tódalas bombas entraban dentro do castelo, sen que os defensores tivesen onde guarecerse salvo a pequena capela e unhas tendas de campaña.

O 17 de outubro, enviaron os ingleses un parlamento con bandeira branca, pero os defensores denegaron dignamente renderse.

De regreso á súa posición en San Sebastián, castigaron ao castelo alto cunha primeira carga de máis de corenta bombas. Logo, vendo que seguían sen renderse, continuaron ata a noite sen parar. Só nese día arroxaron máis de seiscentas bombas dentro do Castro.

A guarnición estaba devastada e os feridos xa non cabían nun túnel excavado que servía de hospital, non había oficial nin soldado que se puidese manter en pé, xa que facía seis días e noites que ningún comía nin tiña o menor descanso.

Os superviventes, xa sen esperanza, decidiron que non tiñan outra que renderse. Don Fadrique González de Soto, o comandante, entregou o castelo o día 18, do que puideron fuxir antes uns quinentos oficiais e soldados, mentres que outros trecentos morreran ou resultaron feridos no primeiro asalto sorpresa e, sobre todo, nos feroces bombardeos posteriores. Por contra, a perda británica foi de só seis mortos e outros vinte feridos.

Tras capturar Vigo, as tropas de Lord Cobham entregáronse ao saqueo. Decomisaron e leváronse unha gran cantidade de armas e municións, que sospeitaron, con razón, que se almacenaban para unha futura invasión de Inglaterra. Vigo acumulaba demasiadas pezas de artillería que terían algún fin maior que o da mera defensa da praza, e a metade non foron utilizadas nela, porque a estrutura defensiva non o permitía.

Sesenta grandes pezas de canón foron saboteadas nos seus postos das murallas e castelos de Vigo. Outras corenta e tres pezas de artilleiría acháronse no interior, xunto a grandes morteiros. Ademais, sete do nosos barcos foron capturados no porto, dos cales, tres foron equipados como corsarios contra nós.

Cando os británicos terminaron coas armas, atoparon os almacéns onde se gardaba o viño. Durante tres días, a borracheira xeral derivou en saqueos, abusos e asaltos sobre a poboación civil. Que voulle contar? A monstruosa Coca coméndose ás doncelas, xa sabe. Lord Cobham só puxo fin a estes desmáns cando ordenou que o resto do viño fose embarcado como botín.

A continuación, os británicos marcharon por terra sobre Redondela, que estaba indefensa, xa que o seu forte era unha ruina e os veciños fuxiran. O maior xeneral George Wade ordenou saquear os almacéns e queimar as casas da vila.

O 14 de outubro, a metade dos invasores dirixíronse por mar a Pontevedra, que ocuparon con escasa resistencia, após tomar o forte e porto de Marín, mediante un bombardeo de oitenta e seis canóns, seguido dun asalto de cen granadeiros. O éxito militar británico nesta expedición foi absoluto.

Envalentonado porque, tras case medio mes de invasión, aínda non lles chegaban reforzos aos galegos, debido a que a expedición fora combinada con outra francesa contra o leste de España, a fin de forzala a entablar negociacións de paz, Lord Cobham enviou emisarios a Compostela coa ameaza de ocupar a cidade. As autoridades de Santiago, maioría de cregos, rendéronse e entregaron corenta mil libras para evitar a entrada das tropas na súa cidade monumental.

O 24 de outubro, sen tentar máis a súa boa sorte, Cobham reembarcou ao seu exército de volta para Inglaterra. A noticia dun enorme botín enorgulleceu a todos os británicos: falouse duns ducetos canóns de ferro e trinta de bronce, con dez mil armas de fogo e dous mil barrís de pólvora. A captura de Vigo e das súas vilas e cidades veciñas foi un gran éxito militar para os anglos, que por deserción, enfermidade ou combate só tiveran trecentas baixas.

Demostraron que, cunha pequena pero eficaz forza naval, axudada por artilleiría e infantería de mariña ben profesionais, podían tomar case calquera punto do noso litoral, cousa que fora dificilísima antes, durante a dinastía dos Austrias.

O impacto para a coroa de Felipe V, o primeiro rei Borbón das  Españas, foi demoledor. A sensación de indefensión tamén percorreu o país. Comezaba sen dúbida, entón, o período ascendente da supremacía naval británica.

-Non deixe de estar moi atento, querido amigo- Rematou o señor Quinteiro-, as guerras, son os militares quen as gañan, non os civís, e nesa frota veñen quince mil militares de verdade.-

Cando Don Xosué despediuse para volver aos barcos, Gaspare quedou moi inquedo. Se seis mil militares lograran tomar toda a provincia no pasado... Que podería suceder agora con esa horda de guerreiros profesionais que estaban nas illas?

Para non deprimirse, dedicouse a conversar cos seus compañeiros de trincheira, a maioría deles, os empregados da súa propia fábrica, que se estaban con medo, tiñan a dignidade española de non mostralo, a coña mariñeira para poñer a mal tempo boa cara e a retranca galega para rir de todo e ata da súa propia sorte.

Telmo Sitge, pola súa banda, non pensaba para nada en morrer, só en volver a encontrarse -dixo- cunha moza viguesa da que estaba namorado. Escoitándoo, Gaspare convenceuse de que este pesadelo tiña que pasar, porque el mesmo non podía morrer, tampouco, antes de abrazar por fin a súa irmá Sofía, aínda que non podía dicirllo a ninguén. Pediu a primeira garda da noite como centinela. Cando lle tocou o seu tempo de durmir, pasou a noite soñando con ela.


CONTINÚA MAÑÁ.

Nenhum comentário:

Postar um comentário