terça-feira, 29 de junho de 2021

16 - A PATRIA-ESPOSA

Ao día seguinte desembarcou en Bouzas don Xosué Quinteiro, que estivera moi ocupado, axudando a organizar o abastecemento da frota corsaria o día anterior. Trouxo oito canóns das naves en varias embarcacións e pasou varias horas despachando con Buenaventura e Ramón Genaro. Pola tarde tivo liberdade para compartir un pouco con Masetti, que estaba de garda con Telmo Sitge e cos seus propios traballadores, na primeira praia de Alcabre.

O señor Quinteiro preguntoulle que lle parecera Ramón Genaro Marcó.

-Moi ben, don Xosué, todo un empresario, como o seu pai. Estivo organizando a defensa de Bouzas como organizaría unha fábrica moderna, coidou e supervisou cada detalle, ata os mais insignificantes, e sabe mandar coma se non mandase. Sabe? todo o mundo obedece as súas ordes con gusto.

-Tiveron vostedes tempo de conversar?-

-Si, el preguntoume como me sentía eu, envolto de súpeto no medio dunha guerra entre dúas nacións que non eran a miña.-

-...E...?-

-Bo, eu díxenlle que acababa de montar unha fábrica aqui e non podía permitir que os ingleses se leven os meus licores sen pagar.-

-Boa resposta ... E que dixo el?-

-El dixo algo así como que o lugar onde un nace é a súa patria-nai, pero que a súa patria-esposa é o lugar onde un escolleu entregar a súa enerxía e o seu amor para crear algo novo, e que hai que defender a esposa.-

-Iso aprendeuno do seu pai. Fai moitos anos, cando os vellos mariñeiros de Vigo e Cangas comezaran a sabotear as artes de pesca de arrastre traídas polos cataláns, que capturaban muitísima máis sardina que as súas, algúns lles gritaban que voltasen para á súa terra.

Buenaventura respondeu máis ou menos o mesmo. E tiña razón, e hoxe está coidando desta terra e axudando a progresat ás súas xentes infinitamente mellor que a nosa vella aristrocracia nativa, acomodada no inmobilismo. A verdade é que calquera lugar comeza a converterse nun lugar importante cando é capaz de atraer a xente de fóra, cas súas ideas, capacidades e capitais. Por iso Ventura Miguel foise a Bos Aires..-

-¿Que Ventura Miguel? -

-Outro irmán de Ramón Genaro. Marchouse para esa xoven cidade cando ela comezou atraer xente de fóra, porque xa sabía que quen máis altos cargos consegue nunha comunidade é aquel que contribue a facela crecer desde que comeza a progresar. Agora mesmo é un importante comerciante con gran participación na vida política e social do Virreinato do Prata.

Antes desta guerra eu funo a visitar alá tres veces, para realizar ante el encargos do seu pai, de paso que levabamos ou traiamos mercancías nos barcos.

Aínda me acordo de cando o Ventura naceu, no comezo do inverno de 1763. Foi un rapaziño tan ben educado como o resto dos seus irmáns. O seu pai quería que todos eles comezasen carreiras militares, porque, co certificado de hidalguía da súa nai, ese era o mellor xeito de ser nomeados cabaleiros dalgunha orde, ascender socialmente e ocupar cargos importantes na monarquía. 

...Pero Ventura, igual que Ramón Genaro, tiña máis vocación de home de negocios que de militar ou cortesán, e unha forza de vontade tenaz, que lhe permitiu defender a súa vocación.

Así que don Buenaventura dedicoulle ao comercio de ultramar coa cidade de Bos Aires en canto logrouse levantar para Vigo a prohibición do comercio cas Indias, ata entón monopolizada por poucos portos españois. Nunha ocasión díxome que algún día Bos Aires chegaría a ser a cidade maior de Galicia.

Ventura chegou ao recentemente creado Virreinato do Río da Prata en 1783, converteuse en consignatario de buques e fundou a rama platense da Casa de Crédito Marcó del Pont na cidade de Bos Aires. Catro anos despois, casouse con Francisca Díaz de Vivar, unha remota descendiente do Cid, segundo presumía, filla do alcalde da capital; e non paran de ter fillos.

Fai nove anos, que o mozo é síndico do Consulado de Comercio de Bos Aires, e coméntolle, Gaspar, que esta institución é a máis importante do Virreinato e agora mesmo, Ventura é o terceiro home con máis poder daquela terra, despois do vicerrei e do alcalde de Bos Aires.

En canto chegou a síndico elevou unha súplica ao noso rei, Carlos IV, en representación dos facendeiros e dos agricultores, que lá son os dous corpos sociais principais. 

A súplica é un alegato contra o monopolio da cidade de Cádiz e a favor do libre comercio, e redactouna xunto con outros homes notables de alí, persoas que eu tamén coñecín, como don Manuel Belgrano, ou o señor Escalada. Sei que Ventura Miguel xa é, ademais, Procurador do Cabildo de Bos Aires, Alférez Real e capitán das milicias urbanas.-

Masetti quedou moi interesado -Don Xosué... Vostede pensa que as Indias son un bo lugar para un empresario?-

- As Indias, Gaspar, amigo, son todo un universo de novas posibilidades para un home ousado, intelixente e traballador, se sabe fabricar algo con calidade, se ten experiencia en organizar e dirixir homes e se ten experiencia comercial ou profesional, ou coñece ben un oficio. Porque son rexións inmensas onde todo está por construir. Agora eu son un home maior e xa construi toda a miña vida aqui, mas se eu tivese a súa idade, nin o pensaba. 

O futuro está lá e, ademáis, un futuro de continuo progreso e en paz. Nas Indias, os ingleses apenas se atreveron a atacar portos, e sempre foron rexeitados. Os franceses e holandeses tentaron establecerse en lugares do litoral do Brasil, e igualmente foran expulsados.

Eu faleille da antiga Roma, e da Hispania independente como a Nova Roma. No máis auténtico de calquera hispano continúa ardendo un hispanoromano cristián, os xermánicos foran só unhas elites foráneas que dominaron temporalmente o poder, non o corazón da base do pobo. Igual que os musulmáns.-

-Supoño que tamén haberá españois que non e sentan cristiáns. -Falou Masetti.

-Se nos sentimos españois, incluso podemos ser ateus-cristiáns e romanos, e todo xunto. O carácter dunha nación vai alén das relixións e formas políticas que impregnan a súa cultura básica, e , ao mesmo tiempo, absorbe e integra todas esas identidades. O catolicismo prendeu aquí porque era Roma. - Remarcou o señor Quinteiro.- Ahí na fronte, cos ingleses, é diferente, eles poden sentirse anglos, xermánicos e cristiáns, porén, nunca tan romanos como nós na sua base. De xeito ningún. Non tiveron tempo de romanizarse tanto. Fáltalles un fervor en augas do mar latino.-

-Roma decaiu e fragmentouse- seguiu-, destino dos vellos, e a xoven Hispania, na que permaneceu o mellor da alma dos romanos cristiáns en mestizaxe coa dos bravos celtíberos, foise liberando, durante oito séculos, dos novos invasores que querian imporlle outra forma básica ben diferente de ser. 

Con toda esa forza acumulada, explorou os océanos e creou, desde aquela alma coraxosa, un imperio global inmensamente maior que o dos césares, fundando, en remotas terras, cidades  con edificios e templos cristiáns que lembraban o estilo do apoxeu romano.

 De igual maneira, penso que, nun novo ciclo da historia, a vella España Europea decaerá e se fragmentará, tal como sucedeulle á vella Roma, mas a súa alma, que é a de Roma cristianizada, reencarnará nunha, ou duas, ou tres grandes Novas Hispanias ou Luspanias transatlánticas, que, nese momento, serán a luz e a esperanza do mundo.-

-Bon- respondeu Masetti mirando para o mar de velas británicas que rodeaban completamente as illas Cies na fronte deles e pensando en Sofía-, entanto que chegue ese día, vamos tentar defender o que xa fomos capaces de construir nesta terra, sen pensar ainda nunha nova patria-esposa.- 


CONTINÚA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário