segunda-feira, 21 de junho de 2021

6 - ANTIGÜIDADES

Masetti seguiu cultivando a súa amizade cos dous amigos que fixera durante a aventura da súa viaxe por mar ata Vigo: o señor Quinteiro e o señor Puime, aínda que este último pasaba a maior parte do seu tempo navegando nos barcos de Buenaventura. A pesar de que que traballaba en levantar a súa fábrica moitas horas, o italiano non deixaba de visitar no seu tempo libre a casa de don Xosué Quinteiro, onde tamén fíxose amigo da súa esposa, a neogranadina Teresa Caldas, nacida en Cartagena de Indias, que era un encanto, unha persoa tan espontánea como refinada.

Tratándoa, Gaspare, aínda que era ben máis novo ca ela, pensaba que se moitas das mulleres das Indias fosen como Doña Teresa, podería ser unha apetecíbel aventura pensar en proxectarse cara alí no futuro, xa que lle resultaba moito máis atractiva que calquera das galegas que coñecera  ata o momento en Vigo.

Ademais da súa beleza exótica e graciosa, a criolla ou crioula -palabra que designaba aos fillos de españois nados en América-, era tan ben educada como simpática e acogedora; falaba castelán cun acento suave e exquisitamente feminino e contaba moi boas historias da súa terra tropical.

Vigo era un gran monte piramidal e alongado de noreste a suroeste que asomábase ao mar desde tres niveis: no mais alto dominaba a paisaxe o castelo do Castro, onde ondeaban as aspas vermellas da cruz de Borgoña do exército español sobre fondo branco, bandeira diferente da flamíxera que resaltaba abaixo, nos buques, sobre o azul do mar. No nivel intermedio do monte estaba outro castelo, o de San Sebastián. No nivel inferior, xa tocando as aguas da ria, estaba o bastión da Laxe, isto é, un forte de baterías sobre un xigantesco pedrolo de granito. 

Entre as fortalezas da Laxe e San Sebastián encontrábase o casco vello da vila resgardado por unha muralla. Extramuros, extendíase sobre unha praia o Berbés, o barrio de pescadores artesanais nativos ao oeste, ata case Bouzas; e do lado este, sobre outra praia, o Areal, o comercial e industrioso barrio dos cataláns. A nave de licores de Masetti quedaba na praia de Guixar, entre o Areal e Teis. 

Aquela tarde, Gaspare visitaba a biblioteca de Buenaventura Marcó no Areal, convidado por don Xosué Quinteiro, que ia mostrarlle unha sección dela onde contábase a historia da vila e dos seus contornos. Ao parecer, toda Galicia estivo ben poboada desde tempos moi remotos. Puido ver unha ducia de puntas de frecha talladas en cuarzo na Idade de Pedra, que se gardaban nunha vitrina transparente. Xa de cando comezara a agricultura, mostrábanse diversos útiles de man noutro estante da mesma vitrina. Todo moi semellante ao que vira antes en Niza e en Marsella.

Daquel período, talvez entre o 3.000 e o 1.800 antes de Cristo, o señor Quinteiro, que era o máis erudito dos tres bibliotecarios, dicía que se coñecían uns trinta túmulos funerarios feitos de grandes pedras, situados na cadea montañosa próxima á vila, que o pobo chamaba mámoas. Os nativos dicían que estaban habitados por mouras enfeitizadas e outras supersticións de parvos, aínda que era seguro que pertencían a unha época moitísimo máis antiga que a da invasión de España polos mouros, que foi sete séculos despois de Cristo.

O docto don Xosué contoulle que por todo o litoral da ría de Vigo e da de Pontevedra había numerosos petroglifos ou grabados en pedra con motivos xeométricos, espirais, labirintos, armas e animais. Os restos atopados facían supoñer que estas terras continuaban moi poboadas durante a Idade de Bronce. 

Nese tempo, barcos fenicios e gregos aventurábanse a cruzar as Columnas de Hércules e sair ao oceano a intercambiar cos indíxenas daquelas remotas terras o kassiteros, un mineral que daba óxido de estaño, o cal, aleado co cobre abundante en Chipre, producía a dureza do bronce, unha renovadora tecnoloxía que fabricaba sólidas armas e instrumentos de traballo, mobiliario e construcción.

-Os navegantes mediterráneos -explicaba o señor Quinteiro-, deran o nome de Oestrymnios aos que lles trocaban por aquí o estaño polos seus propios productos. Non hai rexistro ningún de como eles se chamaban a si mesmos.-

-O qué significa Oestrymnios?- Preguntou Gaspare.

-Oestrymnios pode ser unha palabra de grego arcaico que ven indicar "os que viven no extremo occidente", no fin do mundo entón coñecido. Porén, eles coñecian terras ainda máis lonxanas, e traían estaño da penísula británica de Cornualles, arriscándose con seus barcos de coiro por aqueles mares do norte tempestuosos, para seguir vendéndosello aos fenicios e gregos, cando encarecíase a sua extracción en Galicia.-

-Chegaban ata Inglaterra en barcos de coiro? Caramba cos antigos galegos!-

-E ata Irlanda, cuxas lendas falan que os seus antepasados, os gaélicos, conquistaran a illa aos indíxenas anteriores, procedendo do noroeste da Península Ibérica... mais, realmente, amigo Gaspar, ainda non se pode falar de antiguos galegos, nin de ingleses ou irlandeses. Todos eses xentilicios son máis modernos. non temos idea ninguna de como chamaríanse aquelas xentes, houbo muitas invasións de outros pobos no pasado.-

-Olle este precioso libro en latín, "Ora Maritima" -mostrou don Xosué-: é dun poeta romano de catrocentos anos antes de Cristo, Rufus Avienus Festus, que nunca chegou por aquí, pero que describiu en versos as costas do mar que rexistraron os antigos navegantes gregos nos documentos que el consultou. Un capitán dun periplo grego deixou escrito que os oestrymnios  tiveron que fuxir un día da sua terra por causa de unha invasión de serpentes.-

-De serpentes?- Asombrouse Masetti.

-A palabra do grego é "Saefes"- sinalou o bibliotecario no libro.- Supóñese que designaría o tótem de unha tribo invasora, tal vez unha tribo de celtas, porque os romanos chamaban ligures a todos os antigos habitantes do seu occidente e rexistraron que os ligures foran desprazados ou sometidos por invasores celtas procedentes, seguramente, do norte do Cáucaso. Mais é pouco o que sabemos neste momento dos celtas por aquí... Gal pode ser algo asi como unha Gaia céltica que deu nome às terras da Galia, Gales, Portu-gal, e, máis tarde, á Galitzia dos Cárpatos, na Ucrania occidental, e aos gálatas do centro da Anatolia, na actual Turquía.

-...E á Galicia daquí tamén, dá para supoñer.- Engadiu Gaspare.

-Galicia ven de "Gallaecia", que é o nome que os primeiros conquistadores romanos deron á terra dos galaicos, que vivían ao norte do actual Porto, o porto dos gal, e por aquí mesmo.-

-Entón xa toca que vostede me fale dos romanos.- Suxeriu o italiano.

-Xa vai tocando, xa- respondeu el, cun sorriso-. Imos pedir algo para tomar e despois lle conto, se quer.


CONTINÚA MAÑÁ.

Nenhum comentário:

Postar um comentário