quinta-feira, 17 de junho de 2021

1-PRÓLOGO

  16 de Xuño de 2021. 

PRÓLOGO

Esta novela, que vou publicando aquí en tanto a constrúo en Galego-Portugués, (GALEGO QUE POIDAN ENTENDER LUSO-PARLANTES) en breves entregas diarias, dedícoa, en primeiro lugar, aos meus amigos vigueses, Mercedes Puime, esforzada investigadora de documentos, que me fixo saber da existencia real do protagonista no século decenove  e a Miguel Quinteiro, loitador social e polemista, cuxos ollos xa teñen dificultades para ler, e é por iso que sirvollo en audio.

Tamén lla dedico ao querido Fernando Franco, xornalista e cronista da cidade de Vigo, aos outros amigos da miña terra a quen  ireilla enviando directamente, aos meus amigos portugueses e brasileiros, que a poderán entender, á miña esposa e fillos e á miña neta Telma, que aínda é bebé na illa de Menorca, para que se vaia familiarizando ao crecer coa voz do seu avó e con esta outra lingua latina e española, chamada Galego, ademais do Castelán e do Catalán, a cal pode permitirlle algún día entender o Portugués Universal, posto que, de todo canto estude na vida, o que máis ampliará a súa mente será poder manexarse en media ducia de idiomas e culturas.

Esta novela conta como o meu porto natal, Vigo, en Galicia, España, foise convertendo en cidade despois do ano 1800 e púxenme a escribila para investigar e comprender as orixes históricas da España moderna e das nacións hispanas ás que máis ligado séntome.

Non podo responder pola veracidade das informacións históricas que copiei da Rede, de tantas páxinas, que nin podo poñer una bibliografía. Isto é un conto meu, e está cheo de otros contos de outros, aínda que haxa quen chámeos historia. Eu acho que todo o que chamamos historia é una ficción, igual que esta novela. No crede nada, pero gustaríame que os servise para reflexionar.

Os poemas do personaxe  Telmo Sitge son da autoría do meu amigo, o excelente poeta colombiano, Francisco Javier Lopez Naranjo. Eu os traduci ao Galego, perdendo rimas.

Sen máis, terminarei este prólogo e empezarei contarvos como, logo de vivir a Revolución Francesa, chegou a ría ou bahía de Vigo, a bordo dun buque corsario, o meu protagonista, o italiano Gaspare Masetti, de cuxa existencia quedaron uns poucos datos reais e unha vella casa, aínda que eu estoume inventando, sobre eles, a maior parte da súa vida.

Como todas as miñas novelas, poño esta gratuitamente en Internet a disposición de toda a xenerosa e civilizada sociedade que me mantén aos meus 70 anos, a fin de seguir contribuíndo a ela mínimamente co traballo que podo facer, e agradezo os vosos comentarios para mellorala, pois non debe considerarse terminada, senón en proceso, em tanto eu teña vida e vontade para seguila perfeccionando.

Un afectuoso abrazo desde a nosa “Vilamaga do Pazo” de Muiños, Comesaña, Vigo, para os meus queridos amigos, parentes e concidadáns.

      

CONTINÚA  MAÑÁ


Nenhum comentário:

Postar um comentário