segunda-feira, 21 de junho de 2021

7 - ROMANOS EN GALLAECIA

A biblioteca Marcó era enorme, o señor Quinteiro explicara que ían parar alí todos os libros en calquera idioma que os corsarios vigueses encontraban nas súas presas, e que Buenaventura  recompensaba a calquera que entregase un texto em bo estado capturado ao inimigo.

Só muito tempo máis tarde, quando xa don Xosué tiña gran confianza nel, veu Masetti a saber que a sección máis importante da biblioteca era secreta e que nas súas salas só entraban os bibliotecarios e o seu patrón. Nela traducíanse e investigábanse cuidadosamente todos os libros de bitácora, mapas, manuais técnicos e documentos procedentes dos capitáns e oficiais británicos. A maioria daquelas preciosas informacións servian para mellorar a eficacia dos negocios ou das estratexias marítimas do propio Marcó, ainda que sempre se enviaban copias ao rei de canto considerábase de interés para a defensa e gobernanza do reino.

Mais naquela precisa tarde-noite, Masetti só estaba escoitando a historia da Gallaecia.

-Falamos da chamada Idade do Ferro -seguiu explicando don Xosué.- 218 anos antes de Cristo, Aníbal Barca saíra da península Ibérica con seus cartaxineses e muitos mercenarios, a maioría iberos. Vostede xa sabe que cruzaron os Alpes e invadiron Italia gañando batallas cruciais. Roma, exemplarmente firme naquel momento angustioso, enviou a Cneo Escipión ao que hoxe é Cataluña, para impedir que lle enviasen suministros e reforzos. Vencido Aníbal en Zama polo gran Publio Cornelio Escipión, "O Africano", os romanos pasaron longos longos anos dividindo ás tribos íbéricas e conquistando toda a costa mediterránea e o sur da península.

Despois continuaron polo interior, mais encontraron a máis  feroz resistencia na Lusitania, o que hoxe é Extremadura e Portugal. A última revolta, desde 147 anos antes da nosa era, a do indomábel caudillo Viriato, mestre das guerrillas.

Catro anos despois de ser asesinado por traidores a quen Roma negou o pago, o cónsul Décimo Xunio Bruto, do partido aristocrático, foi enviado a perseguir ao resto dos rebeldes polo país dos Galaicos. Segundo subian ás terras do extremo occidente, os lexionarios estaban máis temerosos de entrar no mítico Reino dos Mortos do fin do mundo, e non poder regresar xamais. 

Tomaron o río Lima polo Lenteo, o río do esquecimento, que chega ao Hades e a Lagoa Estixia. O xeneral tivo que cruzar o río a cabalo e chamar desde a outra beira aos seus oficiais polos seus nomes, para que todos visen que non perdera a memoria. Así gañou o título de "O Galaico".

Contaron os cronistas que os lexionarios cairan en fervor relixioso vendo o sol ser engullido polo oceano ao cabo do mundo, en Fisterra. No mesmo ano foi destruida por outro Escipión, Publio Cornelio Emiliano, adoptado por un fillo de "O Africano", a resistente cidade de Numancia, preto do que hoxe é Soria, último bastión dos celtíberos, que preferiron suicidarse todos, antes que renderse e ser escravizados.

Despois seguiron outras expedicións militares para consolidar a conquista, as de Craso, Marco Perpenna Ventón, que foron máis lobos que águias, e a do mesmo Xulio César, águia total.

-Xulio César estivo aquí?- Preguntou Gaspare- O que sábese diso?- 

-A verdade, Gaspar, é que non está moi ben documentada a estancia do propretor César na Hispania Ulterior, no curso da cal loitou contra os indíxenas do norte da Lusitania e da terra dos galaicos. Sabemos que estaba ávido de botín, porque contraera unha débeda enorme con o rico e corrupto Craso, a causa dos seus primeiros populismos políticos en Roma. Unha boa campaña militar daba a mellor posibilidade de sanear a súa economía. O historiador Plutarco di que, en poucos días, logrou reunir no sur da Hipania dez cohortes, e engadiunas ás vinte que se atopaban alí; e que, marchando contra os lusitanos e galaicos, derrotounos e avanzou polo litoral do océano, sometendo aos pobos que aínda non prestaban obediencia e tributo aos romanos. 

En Vigo corre unha lenda que eu penso que non é máis que unha lenda. Conta que César, con súas lexións, chegou a Erizana, a actual Baiona, na entrada da ría, perseguindo á tribo galaica dos herminios da que hoxe chamamos Serra da Estrela, que refuxiárose nas illas Cíes. Nunha das illas dicíase que existía un espazo sagrado frecuentado polos druidas que querían chegar aos últimos grados de iniciación, a fin de pasar as illas etéreas dos Benaventurados desde ese Finisterre do sur, mudando de dimensión. 

 Os indíxenas considerábanse protexidos polos seus deuses neste refuxio, tal vez por Hermes, o guía que levaba as almas ao ultramundo, e tal vez por causa diso chamábanse herminios, quen sabe.  Asi que, cando  César tentou desembarcar na illa do Sur, chamada Lancia, os defensores lazáronlle tal choiva pesada de frechas e pedras, que tivo que retirarse  á praia de Rodas, na illa de Faro.

 Entón decidiu bloquear aos herminios cunha frota que chegou de Gades, ao mando do seu amigo gaditano, Lucio Cornelio Balbo, e rendelos por asedio e  fame, xa que ningun suministro podía xa achegarse ás Cíes. Ao cabo, fálase que conseguiuno, facendo mudar de dimensión aos tais de druidas, como eles desexaban. Cóntase que tamén conquistou o gran castro de Vigo e que ata chegou ao golfo Ártabro, onde atópábase o castro de Brigantia, fundado no pasado por Hércules ou polo rei Breogán, tal vez entre o que hoxe é a cidade de A Coruña e a de Betanzos. Fin da historia.

Lendas, penso eu, amigo Gaspar, sempre hai un poeta que inventa unha onde non existe, se é un lugar suxerente. "Eu non creo, pero haber, hainas". E  simples lendas poden prestixiar unha comarca e atraer visitantes a ela algún día, que deixen bons cartos aos comerciantes e os hospedeiros.

O que si está documentado, falando de cartos, é que César obtivo un botín considerábel dos grandes xacementos de ouro dos galaicos. Con el, voltou á Roma no ano 60 antes de Cristo, pagou as súas débedas e outra boa campaña populista, co que conseguiu acceder ao triunvirato xunto con Pompeio e Craso... e seguiu gañando fama, países, botín, poder e máis poder, ata impoñerse como dictador perpetuo e ser asesinado polos senadores conxurados nos idus de marzo... un dos cales era o fillo dunha amante súa, Bruto, Marco Xunio, republicano radical, neto daquel Décimo Xunio Bruto, O Galaico.  

23 anos antes de Cristo, o fillo adoptivo de Xulio César, Caio Octavio Augusto, o primeiro emperador, culminou a conquista dos últimos nativos libres do norte da Hispania, os cántabros e astures.-

-Canto tempo levou Roma para conquistar Hispania?- Preguntou o italiano. 

-Desde o 218 ata o 19 antes de Cristo. -Respondeu o galego.- Douscentos anos.-

-Só dez anos necesitou Xulio César para someter á Galia para sempre.- Observou Masetti.- 

-Non se debe comparar- respondeu don Xosué levantando un pouco a man.- Roma non era tan forte no ano 218, cando enfrentouse na Península Ibérica ca moi respetábel potencia cartaxinesa e seus aliados nativos, como 140 anos despois; nin contaba cun xeneral e político como Xulio César ata o ano 63, e Hispania era ben máis montañosa que a Galia. 

En cualquera caso, o primeiro século da nosa era -continuou-, foi a época en que os seus antepasados remotos, amigo Gaspar, os romanos, impuxeron á Península Ibérica a súa dominación xeral, ainda que os vascos seguiron dando guerra á muitos césares nas suas montañas. Daquele tempo quedaron en Vigo restos de moitos castros ou poboados fortificados, por iso os estudiosos chámana cultura castreña. Sen dúbida naquel período, isto, que hoxe é só unha vila, tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.

O maior destes poboados debía estar situado na saia do monte do Castro que mira ás Cíes, ao pé occidental do actual castelo máis alto, que era onde estaba a súa citanía ou cume defensiva. Os seus habitantes vivían da agricultura, e complementaban esa arte coas da caza, a pesca e o marisqueo. Eran unha poboación hábil na fórxa do ferro e o tallado da pedra.-

-Os romanos influíron moito, don Xosué?- Preguntou Masetti.

-Desde logo -respondeu el-. En Vigo, o proceso de romanización foi ben intenso. Por toda parte onde se levanta unha nova casa áchanse, aínda hoxe, restos de ruínas romanas nos cimentos. Debeu haber unha importante actividade portuaria e comercial no noso litoral desde dous séculos antes de nosa era, ao mesmo tempo que un progresivo proceso de latinización, que consolidouse durante o primeiro século dela, unha vez conquistado o territorio peninsular e establecida a orde e a paz romana.

-Non gardan rancor os españois aos romanos por aquela conquista, don Xosué?- Quixo saber o italiano.

-Rancor?- Respondeu o galego- pasaron case vinte longos séculos desde entón, amigo Gaspar, nós xa nin somos os descendentes dos antigos nativos celtibéricos nin dos romanos, somos unha mestura de todos eses sangues e doutros que chegaron aquí máis tarde, ben mestizos. Esta lingua que estamos falando é filla da que nos ensinaron os romanos, e o mellor da nosa civilización, a eles debémosllo. Os nosos antepasados nativos plantáronlles unha férrea resistencia durante dous séculos, porén, non foron capaces de unirse, defeito hispano, e  Roma era moita Roma.

- E vostede non se identifica máis cos seus antepasados indíxenas que cos conquistadores romanos?-

-Sería de bastardos identificarnos só coa nosa avóa nativa -respondeu el-, e non co noso avó romano, que tamén nos trouxo o cristianismo despois. Realmente, todo español ilustrado séntese orgulloso de descender do xenio organizador, das virtudes marciais e do cristianismo tardío de Roma. Con toda a súa crueldade, sua avidez de ouro e o seu sentido do dereito, o seu imperio de águias foi o recordado e admirado modelo sobre o que edificamos máis tarde o noso.

Toda nación importante acaba costruindo un imperio, ainda que non o chame con ese nome. Un imperio, xa simplemente depredador ou xerador de civilización e novas nacións importantes, se conseguen manter todo o posíbel a súa unidade.-

-Estiveron moito tempo os romanos aquí?-

-Roma imperou preto de seiscentos anos, dos que quedaron vestixios por todo o litoral desta ría. O Vicus Espacorum, ou poboado dos Espacos romanizados, debía ser maior que o Vigo actual. Cara a  trescentos anos logo de Cristo ou máis, o seu centro sería no Areal, este que agora é o barrio dos cataláns. Xa houbo nel, igual que hoxe, fábricas de salgaduras.-

Masetti sabía moi ben, polo sucedido na súa patria, que ningún imperio perdura cando as esforzadas xeracións de guerreiros que o construíron son sucedidas por políticos corruptos e populistas, que envilecen a duas ou tres xeracións de xovens hedonistas sen amor á patria, que adáptanse a  seguir sobrevivindo co mínimo de esforzo, pan e circo asegurados, familia corrompida e confusión sexual. Nese caso, os bárbaros máis guerreiros inváden e dominan, e iso foi o que ocorreu con Roma, coa súa provincia de Hispania e coa Gallaecia, segundo contoulle don Xosué.

-Si, o imperio romano chegou a un nivel de civilización tan alto que parecía que só podía continuar á mellor e mellor. Pero nin as sociedades máis ricas e poderosas logran sosterse se decae o esforzo constructivo, a virilidade guerreira e a dignidade unida dos cidadáns.

Algo máis de catrocentos anos após Cristo- rematou a sua historia o bibliotecario-, en plena decadencia de Roma, as incursións depedadoras dos migrantes xermanos e os ataques piratas procedentes do norte de Europa acabaron coa civilización das cidades asomadas ao mar e obrigaron á poboación supervivente a desprazarse cara ao interior, buscando maior seguridade. O comercio paralizouse e o mundo circundante e a cultura fixéronse cada vez máis rurais, máis pacatos e máis limitados. Ninguén era nada se non tiña un señor da guerra como protector, ao mesmo tempo que como amo. Imos durmir, Gaspar?- dixo, facendo ademan de levantarse.-

-Supoño que seguirá a Idade Media, don Xosué, espero que outra vez ma contará, se é tan amábel... Caramba, que tarde é! Moitas grazas pola velada. Mañá temos que traballar cedo.-


CONTINÚA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário