sexta-feira, 2 de julho de 2021

19 - LENDA NEGRA

Nos seus escritos e apuntes, Telmo Sitge comparaba, máis a través das leituras de viaxeiros extranxeiros que o influiran, que a través das súas limitadas experiencias de home xoven, o grao de civilización no que achábanse os distintos pobos importantes da Europa ou do exterior dela. 

Léndoo, Masetti decatouse de que, antes de coñecer España, el mesmo tiña dela a perspectiva que describiran os viaxeiros italianos do final do século dezoito, que a vían desde unha cultura próxima, ou os británicos, que trataban de establecer a superioridade moral do puritanismo e do seu parlamentarismo sobre o catolicismo e o absolutismo ou, sobre todo, os franceses, os máis cheos de prexuízos negativos, que mostraban a España como un país atrasado e oscurantista, onde as mulleres vivían coa pata quebrada e na casa, e onde a Inquisición imperaba, censuraba e castigaba.

Agora que xa coñecía un pouco este país, Gaspare podía percibir moi ben a prepotenza de todos aqueles viaxeiros, aos que lles diría que o atraso e a miseria de moitas zonas rurales españolas era semellante ao de Italia, a pobreza e a ignorancia das capas baixas da poboación correspondíase coas das de Francia, sen que a Revolución mellorara a situación, e que os refinamientos da vida urbana nas cidades de España non se diferenciaban tanto das do resto de Europa.

Comentou con Telmo que, desde a perspectiva das élites ilustradas do Século das Luces, España era descrita como un país medieval. Os ilustrados construíron e transmitiron dela unha imaxe sombría, que só destacaba o despotismo político, o oscurantismo relixioso da Inquisición, a crueldade das súas actividades conquistadoras en América -como se o seguintes imperios fosen imperios de anxiños-, e o arcaísmo e pobreza da súa vida intelectual.

-Sí -respondeu o seu amigo-, o famoso Voltaire, por exemplo, a quen chamaban "o filósofo que sempre tiña razón", sen coñecer España, escribiu que non valía a pena coñecela. E o enciclopedista Montesquieu difundiu unha imaxe sinistra do atraso español, que non correspondíase para nada coa realidade da súa época. No seu libro "O espírito das leis", escrito antes da Revolución, España representaba o extremo de tiranía e intolerancia relixiosa, Inglaterra encarnaba o extremo de liberdade e tolerancia, entanto que a Francia ilustrada era presentada como o xusto medio ideal, no que o poder do monarca estaría ben contrapesado polo papel político da nobreza.-

-Aquel suposto equilibrio entre os exquisitos de Versalles, desde logo, non permitiulles divisar a gran brecha entre eles e o seu maltratado pobo.- Dixo Masetti.- Por iso perderon Versalles e, moitos, as súas cabezas.-

-A propósito diso, ti encontrábasche lá. Que che pareceu a Revolución, Gaspar?-

-Un proceso absolutamente vergoñoso, Telmo. Noxento. De início, cando eu vivía en Niza e a vía desde fóra, ata cheguei a crer nela e que os franceses eran o pobo máis racional e avanzado da Europa, pero despois, xa vivindo en Marsella, e vivindo con temor de saír á rúa, comprobei como as paixóns políticas fixeran perder a aquel pobo, non só a racionalidade, mais a máis elemental humanidade. Aquilo si que foi Inquisición cruel, amigo, Inquisicición sen Deus, a dictadura das ideoloxías máis sectarias, radicais e asesinas, da delación e do medo.

...Despois, cando a Revolución devorouse a si mesma, puiden ver como Francia pasou, en pouco tempo, do Terror, a parecer un bordel corrupto dirixido por puros arribistas e, agora, con Bonaparte acaparando todo o poder, como cóntanme os viaxeiros que está facendo, pode chegar a converterse nun modelo de despotismo moderno, sen necesidade de estar avalado pola graza de Deus, e moi ameazador para o resto do continente.-

-¿Despotismo? Non é iso o que os afrancesados comentan sobre Bonaparte, non. Para eles é un xenio que puxo orde na Francia, e un exemplo a seguir.-

-Presta atención á evolución dese corso ditador, Telmo, e irás vendo que pode chegar a ser un déspota máis absoluto que calquera dos chamados reis absolutos.-

-Porén, voltando ao que falábamos,  obre a imaxe exterior deste país -retomou o fío Masetti-, eu li en Francia un artigo titulado «Que se debe a España?» na Encyclopédie Méthodique, escrito por Masson de Morvilliers, que era un verdadeiro panfleto antiespañol, coma se fose posíbel que non houbese cultura e ciencia nun país que organizou, durante trecentos anos, un imperio moi civilizado en grandes partes do mundo que seus navegantes circuncidaron.- 

-É normal que os rivais históricos de España denigraran a unha potencia hexemónica que facíalles sombra durante séculos. Mais, sabes o que eu sento que foi o peor, Gaspar?- Dixo Telmo- A peor denigración da nosa historia veu dos propios españois afrancesados. Porque, desde que a dinastía dos Borbóns substituíu á dos Austrias, para ascender socialmente na corte, non había máis remedio que negar calquera cousa positiva da España anterior á chegada dos reis franceses que, segundo a propaganda, viñan civilizar o país, curándonos da barbarie católica a base de ilustración. 

...A memoria histórica das dinastías anteriores, todas rivais de Francia, foi demonizada, amigo Gaspar... Acho que os inimigos externos e os traidores internos que nunca faltan, fixeron un traballo ben sutil, corroendo as nosas raíces esenciais, para baixarnos a  autoestima e dividirnos, porque cando estabamos orgullosos de quen éramos e unidos, non había quen puidese conosco... e os máis ignorantes, inxenuos ou corruptos de nós deixáronse rebaixar e dividir e lles fixeran o xogo, para desgraza deste pobo.-

-Eu, desde fóra -respondeu o italiano-, nin imaxinaba iso; porque os viaxeiros franceses que lin describían España como un país decadente, situado nos niveis máis baixos do progreso en Europa e claro, após a Revolución, engadían que, entanto continuase o despotismo borbónico, non podería alcanzar xamáis o grao de desenvolvemento que Inglaterra ou Francia conseguiron.-

-¿Por qué viniche aquí, entón, ho?-

-Non podía soportar máis á Francia, pero todo arredor e a mi propia patria estaban padecendo guerra contra ela, o único país que estaba en paz e, ademáis, cerca de Marsella, era España, así que crucei os Pirineus.-

-Os franceses de tódolos tempos son quen máis porcallada arroxaron sobre a imaxe de España -insistiu Telmo no tema-, a maioría das veces sen coñecela, ou coñecéndoa apenas por visitas superficiais. Moi diferente pareceume o libro dun inglés que si a coñeceu ben: Alexander Jardine.-

-Jardine? Non o coñezo.-

-Foi un militar artilleiro, viaxeiro, espía, escritor e cónsul. Cónsul en Galicia, precisamente. Cando subiu ao trono o noso rei anterior, Carlos III, Jardine foi enviado para defender Xibraltar e converteuse nun especialista na defensa estratéxica do Peñón. Visitou Marrocos, casou cunha inglesa nacida en Xibraltar, moi andaluza, e chegou a dominar a lingua española. Nos seus últimos anos foi cónsul británico na Coruña e amigo de Gaspar Melchor de Jovellanos. Cando volveu estalar a guerra entre o seu país e España, tivo que irse a Portugal, onde há un ano que morreu.

Jardine argumentaba moi ben que a causa profunda de todos os males que padece este país, radica nas desigualdades sociais e a arbitrariedade da monarquía absoluta, asociada á da intrigante xerarquía eclesiástica. Que a monarquía dos Austrias e, máis aínda, a dos Borbóns, debilitaron o sistema medieval de equilibrios e liberdades, engordaron unha casta de privilexiados que rouban canto poden dos contribuintes forzosos, concentraron todos os recursos e soldados das Españas, non en desenvolvé-las, senón en atender aos seus persoais intereses dinásticos ou os da Igrexa en territorios europeos, e que, ademáis, baleiraron de significado e de representación efectiva ás Cortes dos antigos reinos peninsulares, igual que aos Consellos Consultivos, ata configurar un despotismo autocrático. 

...Un despotismo cheo, segundo Jardine, dos perniciosos efectos dun mal sistema básico de goberno (segundo os postulados da propia Escola de Salamanca), caracterizado pola rapacidade fiscal, por causa do cal, por moi bos ministros que o rei conseguise nomear, non se lles poderá sacar bo partido sen que se logre previamente unha constitución de goberno sabia e libre, isto é, un compromiso ou contrato social que toda a nación acepte, e por cuxos principios rexer as leis, e non só polo puro capricho do poder, a decretazos.

...En canto aos costumes da xente española, Alexander Jardine veu desmentir a lenda sobre o suposto encerro das mulleres neste país, e sobre a ríxida separación entre os sexos, seguindo a tradición grecorromana de separación entre público e privado e retiro doméstico das mulleres, prolongada despois polos musulmáns, asegurando que non eran máis que prexuízos, xa que as élites urbanas da España vivían e viven coa mesma ou maior sociabilidade aberta que o resto dos europeos, sen que iso sexa incompatíbel cunha relixiosidade tradicional.-

En lugar dos tópicos que, desde Felipe II, presentaban aos españois como seres graves e taciturnos, soberbios, huraños e ata sombríos ou crueis, Telmo copiara no seu caderno frases de Jardine nas que destacou "o trato cortés e atento que desfrutei nos confortables fogares dunha élite ilustrada de costumes refinados, que falaba francés conmigo, que cultivaba a conversación e que brindábame comidas selectas e exquisitamente servidas, dentro dunha hospitalidade sen torpeza, gazmoñería, descaro nin falsa modestia, gozando, ademais, de festas brillantes, nas que se cultivaban, especialmente por parte das mulleres, os prazeres do bo trato, da risa, do baile, do pasalo ben xuntos". 

-...E isto, amigo Gaspar- rematou o mozo-,  é, na verdade,  a sociedade española que eu coñezo desde que poida lembrarme, e a que ti mesmo podes ver agora, incluso aquí, lonxe da corte, nunha remota provincia no extremo do mundo.-


CONTINÚA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário