sábado, 10 de julho de 2021

26- SAÍDA AO MUNDO DE MASSETI

  Gaspare despediuse, logo de obter as bendicións de toda a súa familia, e saíu a vender as súas mercancías polas vilas e cidades dos diversos ducados e repúblicas do norte de Italia, seguindo o camiñar do sol.

Cando se lle acabaron as mantelerías da súa nai, máis difíciles de vender, ía comprando aguardentes brutos nos lugares por onde pasaba e dáballes sabor cos licores concentrados do seu avó.

Cando atopaba sabrosos froitos ou herbas aromáticas, paraba un tempo onde houbese un bo mercado e seguía elaborando. Os seus licores eran moi apreciados, especialmente o de cánabo, ao que chamou "Canapa Don Sixto", pero enseguida deuse conta de que o que máis vendía era a súa simpatía e as súas historias.

Onde chegaba, Gaspare montaba o seu tenderete e atraía ao público tocando un par de minutos cancións populares coa súa ocarina. Logo, soltaba un saúdo moi cortesán, honrando ao lugar, e unha introdución aos seus produtos.

Pero non paraba aí, o discurso era seguido dun convite a unha degustación gratuita, en minúsculos vasos onde apenas servía un sorbo, e que ía lavando nun cubo de auga, para ofrecer dous sorbos ou tres máis dos seus licores ao seu coro de parroquianos, entanto que non paraba de contar chistes, chascarrillos e ata historias, cando xa conseguira un bo ambiente.

E todo o mundo apreciaba e, se tiña con que, compraba as súas botellas. Así, onde chegaba, facía rápidamente amigos devotos dos seus licores e das súas historias, nas que mesturaba os diversos dialectos itálicos e ligures que asimilaba.

Acabándose a época da vendimia, ofrecíase en cada vila para elaborar o aguardente co bagazo restante do pisado de uvas e, se contratábanlle, pasaba a noite atendendo o lume xunto ao seu can e deixando gotear o licor no gran alambique que levaba en pezas no carro, entanto ía contando ou deixándose contar historias, por cantos viñan acompañarlle durante a súa noite de traballo.

Porque todos sabían nos lugares que media noite compartida co aguardenteiro, mentres facía o seu traballo, era unha media noite moito máis interesante que pasalla durmindo.

Entre os clientes de Masetti había algúns que apreciaban as súas máis finas creacións, aquelas que convertían un aguardente nun licor exquisito, ou que producía certos cambios na consciencia de quen os tomaban. Para este tipo especial de apreciadores, Gaspare ofrecía degustacións especiais, xeralmente na tarde-noite e na residencia particular do anfitrión de todo o grupo.

Era nas especiais conversas que xurdían destas degustacións onde o nivel de información do aguardenteiro sobre o mundo ampliábase, ofrecéndolle novas perspectivas sobre múltiples temas, que antes contemplaba desde a dimensión máis común.-



En 1789 estendeuse por toda parte a noticia de que, en París, o pobo, amotinado polo exceso de impostos, a carestía, o fame e a pobreza, causados por endebedarse a coroa gala na custosa aventura de axudar, xunto con España, á independencia das colonias anglas de Norteamérica, buscando debilitar a Inglaterra, ademais de polo modo de vida suntuoso e absolutamente despilfarrador da corte e a administración.

A súa pobreza non libraba ao pobo chao de obrigacións nin lles proporcionaba a menor xustiza ou axuda social, así que, nunha explosión de rabia, os exaltados asaltaran a fortaleza da Bastilla, símbolo do poder absolutista da monarquía, mataron aos seus defensores e pasearon a cabeza do seu alcaide na punta dunha pica.



-Nese momento-seguía contando Gaspare Masetti-, eu atopábame vendendo os meus produtos en Niza, cidade condal mediterránea, veciña á fronteira con Francia, que formaba parte do Reino de Cerdeña, o cal incluía a Saboya e ao Piamonte, sendo o seu rei un aliado-satélite do emperador de Austria.

Apareceron uns uniformados e dixéronme que tiñan orde de conducirme, a min e ao meu carro de mercancías, ante o seu superior. Eu resigneime a deixarme levar, preparándome para o inevitábel suborno que, en calquera lugar onde chegaba un vendedor ambulante, tiña que pagar ás autoridades locais, ademais dos aranceis oficiais, para que lle permitisen gañarse a vida.

Con todo, non se trataba diso. O Oficial Autorizado (realmente un suboficial, máximo rango militar que se permitía aos non nobres), limitouse a verificar de cantas botellas de aguardientes e licores de diversa calidade dispoñía eu e, logo de sabelo e anotalo, o prezo mínimo en que venderíasellas todas xuntas.

Emocionado e sorprendido, eu calculei o prezo por xunto máis alto posíbel, dentro do razoábel, e deillo, tentando parecer natural. O suboficial non regateou, senón que ordenou aos seus subordinados saír do despacho e logo estendeume un recibo de compravenda ao nome da Intendencia Militar, pero non á de Cerdeña ou á do Austria, que era o esperábel, senón á da Francia:

-Aceptado. Asínasme a venda por ese prezo e dásme o vinte por cento para min, se queres que che siga comprando todas as bebidas alcohólicas de alto grao que me poidas conseguir.-

Eu nin o pensei e asinei. O suboficial, un tipo forte e ben parecido, talvez uns oito ou dez anos maior que eu, entregoume o seu diñeiro, logo de ter descontado a súa parte e embolsársela.-



CONTINÚA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário