sábado, 10 de julho de 2021

24 - A TERRA DE MASETTI

-Conta para a miña familia sobre a túa terra, Gaspar. Como era a famosa cidade de Roma na que naciches?- Animoulle Telmo Sitge.

O verán en Vigo é delicioso, toda a natureza ofrece o seu aspecto máis espléndido, baixo un ceo azul e unha luz que realza cada cor como o mellor artista, e sempre hai unha lixeira brisa do océano refrescando a temperatura. Os días son larguísimos no extremo occidente, amence ás seis e non atardece ata as dez e media.  

Por iso, logo de tódolos traballos da xornada, os amigos aínda dispoñen de bastantes horas de luz natural para reunirse e sociabilizar. Gaspare atopábase sentado ante toda a familia Sitge na mesa do patio baixo un emparrado de uvas aínda verdes, na parte de atrás da casa. Ao fondo, o arrolo do mar, no aire, os piares dos paxaros, todo belo ao redor.

Sobre a longa mesa, unha ración de pulpo á galega, sazonado con aceite de oliva dourado e pimentón vermello, anacos de pan de trigo e uns vasos de excelente viño do Condado, procedente do val dun dos ríos que desembocan no extremo interior da ría.

-Lamento decepcionalos -dixo logo de degustar un sorbo-, pero non, a verdade é que non nacín en Roma nin en cidade ningunha, senón nunha viliña rural dunha provincia.-

-Unha provincia de Roma, supoño- dixo a señora Merche Sitge, pasándolle o prato de pulpo.

-Non de Roma, señora, senón dos Estados Pontificios, dos estados do Papa, que reinaba desde o seu pazo de Roma, na rexión do Lacio, máis ao sur. Eu non son romano, son emiliano-romañés, que non é o mesmo. Tal como os nativos daquí proceden dos galaicos hispanoromanos, máis outras mesturas, nós procedemos dos galos italoromanos, máis todo canto habia antes e chegou despois.

Os meus pais eran Mario e Marcilia, agricultores da Emilia-Romagna, que vostedes, os españois, poden chamar a Emilia-Romaña, e vivían nas moi fértiles e produtivas terras chás do Centro Norte de Italia, na viliña de Crevalcore, preto da cidade de Bologna, que vostedes escriben como Bolonia. Bautizáronme polo católico, como Gaspare Masetti Zucconi. Eu tiña outros seis irmáns e irmás.

O meu irmán maior encargábase dun muiño onde se facía fariña do trigo. Aquilo é unha terra verde, pero en plano e nunca tan exuberante e variada como Galicia. A miña familia recollía o abondante cánabo que crece nas marxes das ciénagas e regatos que conflúen ao río Panaro, que baixa dos Apeninos, xuntase ao Pó no bordo do Véneto e acaba desembocando no mar Adriático, un brazo do Mediterráneo que intenta penetrar ata bastante cerca do corazón de Europa, que para nós, o era o Sacro Imperio Romano-Xermánico, presidido polo Archiduque de Austria, que era o gran estado que tiñamos preto, seguido por estados moito menores, pero moi ricos, como Venecia, Módena e Toscana.

-Naciches xunto ao mar? -Preguntou un dos nenos.-

-Non, a minha viliña era interior e estaba un pouco lonxe de Rávena, a capital da Emilia-Romaña, que case se asoma ao Adríatico. Algo menos que desde Vigo á Coruña. Do outro lado do mar, estendíase ata polo Asia e as Arabias o gran imperio do Sultán de Turquía.-

-O teu país era un imperio?- Preguntou de novo o neno.

- Un imperio espiritual que intentaba influír sobre todos os países católicos do mundo, talvez, pero, como reino temporal, apenas un anano que pasaba os séculos loitando ou intrigando para non perder os seus territorios, ante os poderosos veciños.

Todo o territorio dos Estados Pontificios non chegaba a ter a extensión do dobre da de Galicia. A extensión da Emilia-Romaña, na chaira Padana, ou chaira do río Pó, era menor que a da metade de Galicia.

Cando eu nacín e crieime, os Estados Pontificios, rexidos polo Papa desde Roma, eran dirixidos por unha casta dominante de apenas un dous por cento da súa poboación, que acaparaba todos os privilexios, cargos, propiedades e rendas imaginables, desde facía mil trescentos anos: Eran a nobreza e o clero, que nin traballaban nin pagaban impostos.

O resto, nós incluídos, eramos plebe ou pecheiros, pobo chao por mellor nome, se vostedes queren. Tiñamos todas as obrigacións posibles cara ás clases dominantes e ningún dereito a decidir nada, xa fosen a inmensa maioría de campesiños pobres e ignorantes, ou unha minoría de comerciantes ou artesáns, máis ilustrados, ás veces, que os nobres, ás veces máis ricos, ás veces ata grandes propietarios, pero que continuaban sendo considerados polas castas de nobreza e clero, igual que nós, como xentiña ordinaria e inferior.

As persoas que tiñamos a desgraza de nacer na base da pirámide do feudalismo, isto é, a inmensa maioría da poboación, eramos ninguén se non serviamos con absoluta fidelidade a un señor de casta que nos protexese.

No máis alto da pirámide social, o Rei, o Emperador ou, no noso caso, o Papa, representante de Deus. E iso era o que estructuraba o Vello Réxime, en toda Europa, desde a caída do Imperio Romano. Para nós, Occidente era a mestura contrastante da férrea estructuración de Roma, a compaixón cristiá e o individualismo libérrimo dos germanos.

Os xermanos conquistaran Italia e foi outro rei xermano, o dos Francos, quen derrotou a outro grupo de bárbaros e doou ao papa os Estados Pontificios. En recompensa, o Papa coroou ao seu descendiente, Carlomagno, como o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano-Germánico, para que lle protexese. Pero nos séculos posteriores houbo continuas loitas por aumentar o grado de poder, entre o Imperio e o Papado.

Aínda que os franceses que imperaban sobre Génova e Milán, ou a poderosa República de Venecia (ata que foi vencida), ou as señorías veciñas de Módena e Toscana, ou diversos nobres ou burgueses ricos das grandes cidades fixeron todo o posíbel, e moitas veces, por apoderarse das rendas da próspera rexión norte e oriente de Italia onde nós viviamos, o Papa (coa axuda da católica monarquía hispánica, que dominaba todo o sur da península e a illa de Sicilia, desde o final da Idade Media), lograra manter o seu mando e unha certa estabilidade sobre a zona.

...E ao mellor que podía aspirar o noso pobo chan do campo era á paz e a estabilidade que permiten o crecemento e o progreso das familias unidas que traballan duro, e rezar para que non lles reclutasen os seus fillos para as guerras ou loitas de poder, que nos resultaban alleas, non importándonos moito a que grandes señores ou clérigos ían os inevitables impostos, foros e dezmos que tiñamos que pagar, para asegurarnos un mínimo de protección.-

-Protección contra quen? -Preguntou Sofía.

-Protección contra os piratas turcos, ou contra os múltiples saqueadores externos, ou contra os propios protectores e os seus sicarios, se non se lles tiña contentos. Resignación, porque así era como funcionaba o único mundo que coñeciamos e ata imaxinabamos.


Polo menos, os protectores do noso soberano, o Papa, os españois, non intentaban arrebatarlle as súas posesións... ata Felipe II fixo a vista gorda cando a Súa Santidade, Clemente VIII, anexionou o rico Ducado de Ferrara aos bens da Igrexa en 1597. O cal foi moi ousado e arriscado pola súa parte.-

-Por que arriscado? -Preguntou o señor Jaime Sitge, o pai.

-Porque o seu antecesor no Papado, Clemente VII, intentara cambiar de protector, aliándose con Francia, e o resultado foi a derrota e prisión en 1525 do rei francés Francisco I, que perdeu Milán, e o saqueo de Roma, ao ano seguinte, polas tropas do pai de Felipe II, Carlos I de Habsburgo ou de Austria, rei de España. O Papa houbo de pagar 400.000 ducados como indemnización pola súa revolta e a cambio da súa liberdade.

Como Roma fora moi saqueada, foi na cidade de Bolonia, a nosa cidade próxima, onde o Papa, para facerse perdoar, coroou ao rei español Carlos I, quinto para os alemáns, como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

...Con todo, varios séculos despois, facíase evidente que o imperio universal das Españas xa non era tan forte, coa dinastía francesa dos Borbóns como señores, como o foi antes, coa dos primeiros Austrias omnipotentes. Os Borbóns, agora, subordinaban a política do Imperio Hispánico á que marcaban os seus curmáns desde París, que intentaban construír o seu propio imperio galo con máis gana que fortuna.

Durante a miña primeira mocidade sabíamos que reinaba en España Carlos III de Borbón, quen antes fora o rei de Nápoles e Sicilia, trono que cedeu ao seu terceiro fillo, Fernando I das Dúas Sicilias, para irse a Madrid, onde reformou e modernizou o país rodeado de ministros ilustrados, que o halagaban dicindo que non tiveran un rei tan eficiente desde os Reis Católicos.

En 1767, Fernando I das Dúas Sicilias casouse con María Carolina, filla da emperatriz María Teresa de Austria e irmá do Emperador José II e de María Antonieta, quen, por matrimonio, chegaría a ser a raíña de Francia, ata que a Revolución guillotinouna, despois do seu marido.

-Entón Italia non é un país unido?- Preguntou o neno.

-Non querido -dixo Gaspare.- Italia é o nome xeográfico da nosa península en forma de bota, pero non un estado, senón a base territorial de moitos estadiños, ás veces ricos, pero débiles, sempre enfrontados entre si polo poder, xamais unidos, a menos que os conquistase e unificase un imperio externo.

Así sucedera co Sur de Italia e con Sicilia, que seguía sendo un territorio moi rico, compacto e moi hispánico, unha bela desorde ordenada. Polo contrario, ao Norte dos Estados Pontificios, a península e o seu arranque baixo os Alpes estaba fragmentada en estadiños tamén moi prósperos, industriais, comerciais e aparentemente independentes. Pero que, en realidade, eran peóns e obxectos de desexo na disputa pola hexemonía dos imperios fortes, como Francia e España primeiro, e Francia e Austria despois.

A Emilia-Romaña, ao Sureste do Norte da península, a miña terra natal, era o máis norteño e exposto dos Estados Pontificios, ante as ambicións en disputa de Francia, ao Oeste, e do Austria, ao Leste. Tamén era a rexión onde as desventaxas do Antigo Réxime máis oprimían ás clases traballadoras, mayormente campesiñas, que nos enfrontabamos co fame cada vez que se daba un ano de malas colleitas.

-Está ben de historia, cóntenos agora da súa familia, Gaspar, por favor.- Dixo Sofía.- Viven os seus pais?

-Non, desgraciadamente, toda a miña familia foi asasinada fai relativamente pouco polas tropas do xeneral francés Augereau, a quen Napoleón Bonaparte ordenou conquistar a Emilia-Romaña. Por iso foi que eu marchei de Francia e estou aquí.-

Houbo un longo silencio apesadumbrado, só polos piares dos paxaros e as rompentes da praia próxima feito máis doce. Todos lle acompañaban no sentimento, sabendo que nada que puidesen dicir consolaría ao seu amigo de tan terríbel lembranza.


O señor Sitge, finalmente, encheulle o vaso con viño do Condado e levantou o seu:

-Brindo por todos eles; que estean xunto a Deus. E contentos, porque vostede atópese aquí, san, salvo, e rodeado de amigos.-

Todos brindaron, compartindo o aprecio mutuo. Logo, Masetti continuou coa súa narración:

-Eu era o fillo menor e, desde moi novo, axudei, como chico para todo, nas tarefas familiares. A miña nai facía fío no fuso coas fibras reblandecidas do cánabo e, co fío, sabas, mantelerías e vestidos.

Por ser o menor tiven que aprender a non deixarme avasallar polos mozos maiores, que querían ser os meus señores. Por sorte, eu  mamara máis agarimo da miña nai e iso deume seguridade e forza. Por ser o menor, tamén, souben, desde sempre, que o meu futuro non se atopaba alí, naquela servidume sen esperanza, senón na aventura de percorrer o mundo, tal como percorreuno o meu querido avó e mestre, don Sixto.-



CONTINÚA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário