sábado, 3 de julho de 2021

22 - AS TRES FRASES

Aínda hoube luz por longo tempo máis, Gaspare estaba querendo rever o retrato da Sofía antes de caer a noite por completo. Pediu o caderno do seu amigo e, con disimulo, finxiu repasar outras páxinas entanto que mantinha o ollo sobre aquela do retrato.

 -...Estas tres frases son túas, Telmo ? Preguntou Gaspare, mostrándolle onde estaban no caderno.

-Non son miñas, non -respondeu el-, son dun filósofo famoso. Copieinas para ver o que a miña irmá opinaba sobre elas.-

-Sofía? ...E qué opinou ela desta? -e leu a primeira frase: 

"A educación das mulleres sempre debe de ser relativa aos homes: agradarnos, sernos de utilidade, facernos amalas e estimalas, educarnos cando somos nenos e coidarnos cando somos adultos, aconsellarnos, consolarnos, facer as nosas vidas fáciles e agradables".-

-Já! O que a Sofía dixo foi: "¡Ese home, o que quere, é unha nai!"-

-Dixo iso? Fantástico... E que dixo destoutra?:

"Toda a súa vida deberían estar suxeitas á restricción máis severa e constante, que é o decoro".-

-Ela pregutou que decoro sería ese, e cal o comportamiento adecuado, discreto. oportuno e respectuoso, "Non olle nada, non diga nada, nin pense, non se decate de nada", que precisaba ser imposto con severas restriccións de por vida... Supuxo que debía ser o mesmo decoro forzoso dos escravos frente ao seu amo. E declarou que ela non quería un amo, de xeito ningún, senón un compañeiro de vida.-

-E desta última frase?- riu Masetti, moi ben impresionado.- O qué ela diría desta?:

"A perversidade e a malicia das mulleres é o agravante do seu propio infortunio, e da mala conduta dos seus maridos".-

-Ela non achou graza ningunha nesta. Preguntou quen era aquel filósofo e quen ele se cría que era. Ese se sería fillo de unha nai perversa e maliciosa ou o resentido esposo dunha muller que lle daba problema, a quen tería que tratar con mala conducta, ou sexa, indigna de un bo home, feito e dereito. Un home que é home.-

-ISO DIXO?- Asombrouse Gaspare.- E quen era el, Telmo, quen foi que escribiu esas tres frases?

-Foi Jean Jacques Rousseau, o escritor de Xenebra, o que encantaba con as letras, o apóstolo da Liberdade e da Igualdade. E da Revolución, para retornar a ser o home natural, puro e espontáneo...-

-Si, seduciu a moitos e a moitas aquel sofista suizo e calvinista, tamén a min, cando mais novo... o Rousseau, o ben que escribía... Eu lí só algunas cousas del, que, claro, escrebeu moitísimas... Sabes, amigoTelmo? Cando escrébese tanto, dinse algunhas coisas ben brillantes e cautivadoras, xunto a outras muitas que son as toneladas de bobeiras que todos cargamos. 

Na verdade... -seguiu Masetti.-...Non tería imaxinado que aquel pensador que falaba que o home é bo por natureza, pensase que a muller non o fose, e que necesitaba que a sociedade a educase e vixiase de forma restricta e severa. Non era él quen dicía que é a sociedade a que corrompe co seu adoutrinamento ao bon salvaxe puro e natural?-

-O "antiadoutrinamento do adoutrinador" -dixo Telmo. -Eu pensei o mesmo, cando copiei esas frases sen colocar o nome do autor, para non influenciar a Sofía, que tamén gusta moito de Rousseau, mais sen coñecelo, igual que tantísima xente. 

...Realmente, nin Sofía nin eu, Gaspar, podíamos crer que frases tan conservadoras pudesen ser escritos de un pensador que tanto influíra nos máis progresistas dos ilustrados e na Revolución Francesa, como o abandeirado da igualdade, da liberdade e da República dos virtuosos naturais.-

...A revolución, querendo substituir o Antigo Réxime por unha nova cultura,  xustificaba a guillotina porque consideraba necesaria unha mudanza radical da sociedade, para rescatar a alma natural do home. Infortunadamente, só conseguiron con iso exteriorizar o que máis de besta fanática e asesina había en nós.-

-Bo -dixo Gaspare-, hai que ter en conta que Rousseau era un home da xeración dos nosos avós, el naceu en 1712, se vivise hoxe tería xa 88 anos. Na súa época a muller e o home non se vían como cidadáns iguais, nin de lonxe. Tampouco as vían como iguais os xacobinos, por moi revolucionarios que fosen.

Eu creo, amigo Telmo, que só despois de que pasou o Terror e veu unha época de aliviada celebración do prazer de vivir por parte dos sobreviventes, elas gañaron maiores liberdades, e cando digo elas, non me refiro ás mulleres do povo chao, non. Refírome ás cortesás belas, ricas e cultas, amantes dos politicastros corruptos do Directorio, madamas cortesanas ben expertas, que en calquera tempo arranxáronsellas para usar e abusar dos seus poderes de sedución.-

Telmo lera e escoitara moito acerca das liberdades sexuais que se tomaban os franceses e francesas logo da Revolución, pero non tiña a menor experiencia nelas. Gaspare foille informando sobre algúns dos xogos sexuais que estaban de moda no país veciño na época do Directorio, asegurándolle que nada lle debían á Revolución, senón que xa eran frecuentes entre os libertinos da aristocracia do Rei Sol, moito antes que ela, ou quizais máis antigos. O seu amigo español escoitaba sobre todo aquilo cunha mestura de fascinación e de horror, e acabou dicindo:

- Parécenme xogos sexuais, como ti os chamas, que ben poden xogarse cunha prostituta, para ver se un divírtese experimentando algo novo e morboso; pero indecentes para practicar coa túa señora esposa. Por Deus! Como lle vas facer iso á muller que, cos mesmos beizos, vai despois a bicar aos teus fillos?-

Cando escoitou estas palabras, Masetti apresurouse a dicir que todas aquelas extravagancias eran cousas das que os franceses procaces se xactaban, pero que concordaba con Telmo en que a el mesmo parecíanlle iso, extravagancias, ata groserías obscenas, e que xamais se lle ocorrería nin mencionalas ante ningunha muller respectable. "E espero de ti que me gardes a confidencialidade".-

En adiante, tivo moito coidado de non volver falar daqueles temas abertamente con Telmo, que, evidentemente, tiña unha visión moi conservadora do sexo; non fose que chegase a xulgalo a el demasiado canallesco para relacionarse coa súa señora irmá.


CONTINÚA MAÑÁ.


Nenhum comentário:

Postar um comentário