domingo, 11 de julho de 2021

32 - CHEGADA DE MASETTI Á FRANCIA

 -...Pero, pouco máis tarde, tal como Massena prometera -contaba Masetti-, un grupo de contrabandistas, comandados por Tomasso Conti, o afillado e principal asistente seu en Antibes e Marsella, a quen eu xa coñecía ben, viñeron avisarme que tiña que saír de alí na mesma véspera de Noiteboa, con toda a miña produción e os meus aprendices máis útiles. Para iso, trouxeron varios carros e baleiraron por completo a fábrica.


Aquela noite embarcaron nunha goleta, nunha praia solitaria, todos os aguardentes e licores, todos os utensilios de destilación, ferramentas e mobles, o meu carro e os meus cabalos, a min mesmo e aos meus dous axudantes máis adiantados. Tamén a un grupo de familiares e clientes de Massena e ás súas pertencias, que eran moitas, porque as adegas e a cuberta do barco enchéronse por completo de vultos.

Desembarcáronos a todos a noite seguinte en Francia, na praia dunha profunda cala, escondida entre cabos montañosos, onde estábannos esperando varios outros carros.



Aos dous días, o almacén e a fábrica xa estaban montados de novo nun edificio dos arrabaldes de Marsella, xunto á estrada que ía ao porto militar de Tolón. Tomasso trouxo documentos amañados para min e os meus axudantes, por se pedíanolos, e contratou unha ducia de traballadores brazais, para que se puxesen a producir o máis posible.

Massena fora moi oportuno, porque, ao chegar a primavera, a Asemblea Nacional declarou a guerra ao Austria, considerada o foco principal da contrarrevolución, e que ameazaba de continuo con invadir Francia. En poucos días, O Reino de Cerdeña, o seu aliado, anunciou tamén a guerra con Francia e realizou unha gran concentración dos seus soldados e artilleiría en Niza.

Pero, en setembro, os franceses adiantáronse e invadiron como unha tromba os ducados de Niza e Saboya, varréndoos. E, ao mes seguinte, a Convención declarou anexionadas aquelas rexións a Francia.



En canto o rei Borbón atreveuse a exercer o seu dereito de veto para que non saísen adiante as proposicións dos lexisladores que consideraba máis pesadas, tales como converter aos sacerdotes en puros funcionarios do Estado que pasasen a adoutrinar aos seus fregueses e alumnos sobre a ideoloxía anticlerical da Revolución, ou que se condenase a morte a quen intentase emigrar, Luís XVI converteuse no chivo expiatorio perfecto, sinalado co dedo como inimigo da nación, e selou o seu fatal destino. A maioría dos Girondinos e Xacobinos clamaban por depoñerlle, e os Cordeliers por condenarlle a morte.

Ao ano da súa fuga e detención en Varennes, houbo outro motín. Constituiuse a Comuna Insurreccional de París, e a multitude asaltou o Pazo das Tullerías. Masacraron aos gardas suizos que tentaron paralos e chegaron ata os mesmos aposentos reais.

-O rei tivo que soportar que o populacho o rodease e o escracheara coas súas bandeiras e as súas armas -contoume Tomasso Conti-. E ata houbo de permitir que lle puxesen un gorro frixio coa escarapela tricolor, que foi como os ratos poñéndolle un cascabel a un gato magullado. Realmente, estaba nunha posición tan cuestionada, que non tivo máis remedio que seguirlles a pallasada.

O peor foi de que forma canallesca insultaron á raíña na súa presenza. Os reis tiveron que ir acollerse á protección da Asemblea, é dicir, á da cúpula dos seus inimigos. Ese día acabouse calquera respecto que lle restase á monarquía.-



Agora que eu vivía en Marsella e manexaba con maior fluidez o francés, chegábanme máis rápido e mais claras as noticias do proceso revolucionario que cando residía en Niza. O 25 de xullo, o Duque de Brunswick publicou un manifesto moi en plan vello aristócrata absolutista, no que ameazou con invadir Francia e arrasar París á fronte das tropas prusianas e austríacas, se aquela chusma chegaba a tocar un pelo ao rei Luís XVI ou á súa familia.

...E todo o mundo acusou á Raíña, á odiada austríaca, de pedir ao duque prusiano que se manifestase daquel insufríbel xeito, para asustalos como se asusta a un can cun pau, co cal odiárona máis que nunca.

Pero a Convención non se arredrou, senón que decretou unha leva masiva de oito millóns de persoas, leva de forzoso cumprimento como xamais se vira antes en ningunha monarquía, para facer fronte ás potencias estranxeiras.

No referente ao exterior, a terrible situación do rei e a súa familia fixo que as monarquías europeas máis importantes mobilizásense, efectivamente, para acabar coa Revolución ou, polo menos, para negociar rescatalos, como intentou, sen éxito, o primeiro ministro de España.

No interior, a fracción máis extrema ou montañesa da esquerda, os sans-culottes, presionaron á Convención para desencadear unha represión sistemática contra toda e calquera oposición. Isto supuxo que a Convención cedese o poder executivo a unha serie de comités, máximo exponente dos cales sería o Comité de Saúde Pública, a Inquisición Ideolóxica que antes lles comentei, dominada, naquela etapa, por Maximilien Robespierre e os seus seguidores máis directos.



O 13 de agosto de 1791, a familia real foi encarcelada na antiga Torre do Temple. Para quen coñecía a historia dos Templarios, como eu, parecía que a maldición de Jacques de Molay, emplazando aos seus verdugos, estaba por fin cumpríndose, ao cabo de xeracións.

Catro días despois, creouse o primeiro Tribunal Revolucionario, a instancias de Robespierre, que comezou a dictar execucións masivas. Eu estaba moi arrepentido de ter vido a Francia, en lugar de evacuar Niza a tempo, como tantos veciños, e refuxiarme na miña vila emiliano-romañesa, xunto á miña familia, baixo a protección do noso soberano, a Súa Santidade o Papa, a quen toda Europa respectaba.


Porén, non había xeito de poder saír do avispeiro no que metinme. Os novos ataques contra Francia polas potencias absolutistas, provocaron, non só o enfrontamento dos girondinos cos seus inimigos de todo tipo, que os culpabilizaban por provocar a guerra, senón tamén sublevacións contrarrevolucionarias no interior, polo que xeneralizouse o control e a represión en todo o país. Os parisinos presumían de moi modernos e moi rebeldes, pero a verdade era que a maioría do campo francés mantíñase como xente ben conservadora, amante da paz e das súas tradicións locais.

Entón souben, polos contrabandistas, que Massena fora nomeado axudante maior e logo comandante do terceiro batallón do Var. Declarada a guerra ao Austria, nunha época na que todo eran desgrazas nas fronteiras, Massena obtivera un pequeno éxito que lle valeu ser ascendido a coronel, xa que facían moita falta heroes que servisen como exemplo, para levantar a moral do país.

Tomasso aseguraba que os seus homes respectaban moito a Massena, pois dicían que tiña o don de rexurdir das cinzas, de resolver de forma coraxosa e intelixente calquera situación adversa, xusto no momento en que parecía que todo estaba perdido.


O 20 de setembro de 1792, no poboado de Valmy, o exército francés do Norte, comandado por Charles François Dumouriez, co militar, nacido en Venezuela e renegado de España, Francisco de Miranda, servíndolle de mariscal de campo, máis o exército francés do Centro, liderado por François Christophe Kellermann, detiveron, cun muro impenetrable de artilleiría, o avance do exército do rei de Prusia, dirixido polo altivo duque de Brunswick e reforzado por continxentes austríacos, de Hesse e de realistas franceses emigrados, que xa renderan a cidade de Verdún e atopábanse a pouca distancia de París.-



CONTINÜA MAÑÁ

Nenhum comentário:

Postar um comentário